Baixo o lema ¡Canta bichería!, do 1 ao 23 de
abril se celebrará en Pontevedra o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Todo tipo de animais terán cabida nesta
edición pero no noso centro os protagonistas serán os bichiños da nosa ría:
moluscos, peixes, crustáceos,
cefalópodos, aves … Cada
clase vai realizar un traballiño ao redor deles que plasmará nun par de
folliñas que irán a formar parte dun libriño co que participaremos neste
evento.
Na nosa aula decidimos contribuír facendo
unha das actividades que máis nos gusta: cociñar. Pero primeiro tíñamos que
buscar receitas que se adaptaran aos nosos intereses.
O mellor sitio para facelo é a biblioteca escolar. Fomos á zona documental e descubrimos que os libros que tratan de alimentos teñen a pegatina azul e o número 64. Despois de moito consultar, xa temos feita a selección de libros pero iso volo contaremos noutra entrada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario