A mañá empezou con moita choiva pero pasámolo
xenial. Comezamos poñendo os chalecos reflectores para non perdernos e abrigámonos
ben coas capuchas para non mollarnos. Despois tocou a emoción de montarnos no
autobús cos compañeiros das escolas e, case sen darnos conta, chegamos ao noso primeiro
destino: Conservas Cambados.
¡Cantas cousas aprendemos coas responsables da fabrica! Ao chegar explicáronnos como eran as latas, os alimentos que envasaban, o proceso que seguían, como trataban os produtos … Acto seguido déronnos uns traxes especiais e uns gorros para protexer a manufactura e pasamos a ver as instalacións. ¡Quedamos abraiados! … ¡cantas máquinas con diferentes funcións!... O mellor: envasar gominolas nunha lata personificada co noso nome.

Tras unha pausa para repor forzas cos bocadillos
que trouxemos da casa, continuamos coa segunda parte da nosa excursión: O
Parque Comarcal de Bombeiros do Salnés. Ensináronnos os seus vehículos; as
ferramentas; onde durmían, comían, daban clase e facían deporte; fixeron soar
as sereas; deixáronnos probar os seus cascos e ata ¡montamos no camión de
bombeiros!...
No hay comentarios:
Publicar un comentario