Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, estamos traballando as matemáticas empregando as cartas
como recurso. Durante varias semanas, os mércores xogamos a ver quen sacaba o
valor máis alto.
Agora complicamos un chisquiño o asunto e
usamos o azar para sumar os números obtidos en dous naipes extraídos da baralla.
Á vez que os cativos se familiarizan coa adición e os seus símbolos, practican
valores tan importantes como saber gañar e perder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario