viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

En todos os centros de ensino, do 9 ao 13 de marzo conmemorase a Semana da Prensa co obxectivo de traballar na aula con xornais. Como na nosa escola o periódico non é concibido como algo a empregar puntualmente nunha data en concreto senón que forma parte da nosa rutina semanal, pensamos celebrala dun xeito diferente: empregando o xornal para xogar.
Da nosa hemeroteca de aula seleccionamos un par de exemplares atrasados, dobramos un par de follas pola metade e transformalo no volante dun coche de carreiras co que conducimos evitando as colisións cos nosos compañeiros. Despois convertémolo nunha casiña na que nos metíamos cando soaba o pandeiro. Na seguinte actividade pasaron a ser unha pista de obstáculos que primeiro no podíamos pisar e acto seguido había que superar saltando. Pero o máis divertido foi cando o engurramos e o periódico trocouse en pelota. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario