miércoles, 11 de marzo de 2015

CADA MES UN CADRO E UN LIBRO


Como xa ven sendo tradición na nosa escola, no segundo trimestre do ano comezamos a confeccionar un calendario escolar temático que sirva aos maiores de lembranza do seu paso por infantil e aos demais de guía de lectura. Este curso ímolo dedicar a Velázquez. Como recollemos no título desta entrada, cada mes traballaremos un cadro deste artista e un libro onde apareza recollida a súa creación.
Empezamos o noso particular almanaque do curso 2015/16 en setembro coa obra “O vendedor de auga de Sevilla” e o exemplar “Velázquez para niños”. Nel limos que o artista naceu en Sevilla e observamos a pintura. Posteriormente explicamos e dramatizamos como se desenvolvía o oficio representado no cadro nunha época na que o abastecemento de auga non estaba xeneralizado.
Paralelamente estamos montando un novo recuncho en clase e na biblioteca escolar dedicado a este gran artista. Se na casa tedes libros, imaxes, postais, láminas, enciclopedias, xoguetes, contos … relacionado co pintor que vos apeteza compartir, podédelo traer para velo na aula, enriquecer o noso novo recanto e aprender todos xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario