Esta semana o noso obradoiro de cociña
serviunos para coñecer algunhas cousiñas da ave máis grande de Australia: o emú. Nos libros da biblioteca limos que non poden voar pero as súas longas
patas permítenlle correr moi rápido. A femia pon grandes ovos de cor azul verdoso escuro pero é o macho quen se encarga de coidalos. Para a nosa versión culinaria puidemos optar
por dúas posibilidades, unha con crema de cacao e outra con paté. Varios
cativos decidiron probar ámbalas dúas, outros por repetir unha delas e moitos mostráronse
creativos e transformaron a galleta nun sol con ricos raios de cacahuete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario