lunes, 16 de marzo de 2015

UN CADRO DE VELÁZQUEZ


Este é o título do libro que escollemos para o mes de outubro no noso calendario escolar 2015/16 de Velázquez. A través del, esta mañá na biblioteca escolar, mergullámonos na obra máis famosa do pintor: As Meninas. 
En cada páxina fomos coñecendo ademais do autor, as persoas representadas na obra: a infanta Margarita coas súas meninas María Agustina Sarmiento e Isabel Velasco; os seus acompañantes Mari Bárbola e Nicolás de Pertusato; a súa coidadora, Dona Marcela de Ulloa; un gardadamas; o apousentador real, José Nieto; e reflectidos estratexicamente nun espello, os reis Felipe IV e Mariana de Austria.

Como puidemos comprobar, este cadro aparece recollido en case todos os libros que temos na biblioteca que falan do autor, porque é a súa obra mestra e a culminación da súa carreira.
Se queredes coñecer en detalle o cadro da man da infanta Margarita podedes facer clic na imaxe e accederedes a audioguía infantil do Museo do Prado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario