miércoles, 5 de noviembre de 2014

UN RATO QUE É A PERA

Esta e a proposta de Rita para intentar que a mestra Ana supere o seu medo aos roedores. Trátase dunha rica receita de cociña que preparou na casa. Tamén Mencía intentouno a través da papiroflexia cun dificilísimo e precioso rato que realizou coa axuda do seu papá. Falamos de probar xogando a “Ratón que te pilla o gato” pero nin coa cociña, nin coas manualidades, nin cos xogos lográmolo. Hoxe xa nos deixou claro que por moito que fagamos, nin soporta nin soportará aos ratos. Decidiu  superar o seu medo asumíndoo. Mentres, na aula, seguimos co noso caderno viaxeiro de animais que non asustan e as nosas particulares estratexias para vencer os nosos temores. Mañá temos previsto xogar a “Buscar un león” e intentar dominar así o susto aos felinos, dende que Adrián propuxo o león temos moitas ganas, a ver que tal o pasamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario