¡Como nos gusta ver as fotos nas que estamos
lendo en familia!. A pesar de que a exposición ía ser soamente para o día da
festa, non nos resistimos a volver a montala na aula e continuar traballando ao
redor dela. Agora que temos as fotos de todos, gústanos miralas, dicir quen nos
acompaña e onde estamos.
A idea é facer un libriño con todas as fotos e que
entre a formar parte da biblioteca de aula. Pero primeiro imos enriquécelo con
pequenos pés de fotos que estamos elaborando. Nesta liña decidimos aprender a
escribir os nomes de quen aparecen na imaxe e do lugar onde nos atopamos.
Na
cama, na cociña, no salón, na habitación ¡que difícil é escribir habitación con
esa “H” que non soa!, no sofá, na biblioteca e ata… ¡na praia! ¡Como nos gusta
iso de ler na area!... E a vós… ¿onde vos gusta ler?... animádevos a mandar
comentarios coas vosas preferencias ou se o preferides fotos a escoladeleiro@gmail.com e publicarémolas
no blog.
A min gústame leer e ver as imaxes e fotos dende o ordenador para saber das tarefas que fixestes na aula cada día
ResponderEliminar