martes, 4 de noviembre de 2014

O NOSO RECUNCHO DA SELVA AMAZÓNICA


Libros, atlas, enciclopedias, revistas, peluches, bonecos, contos, animais…  o noso recuncho da Selva Amazónica medra constantemente grazas ás achegas dos cativos.
Todas as semanas atopan algunha cousiña que o enriquece: un conto, un xoguetiño, unha imaxe, un CD, unha publicación… ás veces os obxectos e documentos quedan definitivamente pero outras son visitas temporais, veñen pola mañá e á hora da saída non podemos separarnos deles e volven para casa. O importante é que todos aprendemos de todos e compartimos.
Hoxe, baseándonos nas lindas lianas e follas que a mestra Ana preparou para a biblioteca escolar, estivemos decorándoo. Pintar cos dedos sempre nos gusta e ao recanto deulle un toque selvático. Unha vez máis graciñas a todas as familias pola súa implicación e colaboración.

2 comentarios:

  1. A ti Ángeles e a todas as profes do CRA que con tanto cariño lles enseñarse.

    ResponderEliminar
  2. Encantados de poder colaborar tan directamente no traballo de aula que facedes c@s nos@s nen@s!!!!

    ResponderEliminar