Segundo o Calendario do Libro e da Lectura, do 4 ao 10 de novembro conmemórase a semana da tradición oral.
Na escola, ao igual que outros anos, imos dedicar o mes de novembro a traballar
ao redor dos ditos, recitados, cancións, xogos... que escoitabamos aos nosos
avós cando eramos pequenos.
Onte xa comezamos a lembrar algúns dos nosos
favoritos: “Este olliño pimpilín”, “Rabo de boi”, “Palma repalma”, “Al pasar la barca”… Pero este curso ímonos centrar especialmente nos xogos de botar sortes
ou pandas: eses recitados que serven
para designar quen panda ou quen libra no xogo que se vai desenvolver a
continuación.
Na escola estamos memorizando os das imaxes, pero queremos
lembrar e recuperar todos os que coñezan as nosas familias. Por isto, hoxe
puxemos en marcha un caderno viaxeiro que visitará os fogares de todos os
cativos, para que cada un engada algún deses xogos para rifar nos que é tan rica a lingua
galega. Despois en clase intentaremos aprendelas e continuar coa tradición oral dos nosos avós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario