Aínda que chegaron os
primeiros fríos do outono, os Teru Teru Bozu que construiramos con tanto agarimo a semana pasada, realizaron ben o
seu traballo. O sol saíu con forza, foi quentando a mañá e, as familias, aínda
que afumadas, asaron castañas para todos.
Exposición de cabazas decoradas, xogos
con carozos, cancións,
películas, bailes, contacontos e
marcapáxinas con dragóns como protagonistas e, por suposto, obradoiro de cornetes
para levar castañas asadas para casa.
Coma sempre, con tanta actividade
entrounos fame e nada mellor que unha rica merendola ao sol cunha chea de doces
preparados polas familias: biscoitos, tortas, rosquillas, chulas de calacú,
filloas… ata terroríficos dedos monstruosos. Pero o mellor quedou para o final,
a actuación do Mago Noel deixou abraiados aos pequenos e espertou a risa nos
maiores. Graciñas a todos pola vosa colaboración e axuda. E os que desexen ver todas as fotos, poden visitar a galería do blogue do colexio, a súa páxina web ou clicar directamente aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario