miércoles, 6 de noviembre de 2013

O XORNAL

Este ano o mércores vai ser o día semanal que imos dedicar a traballar ao redor da prensa. Grazas a mamá de María temos xornais a diario e, aínda que son atrasados, permítennos estar máis ou menos ao día do que acontece ao noso redor, coñecer os nomes dos xornais, familiarizarnos coas diferentes seccións… Hai días que a prensa non trae nada que chame a atención dos cativos e outros que ven cargada de novas que espertan o seu interese: una balea morta en Muros, un delfín en Carril… pero hoxe a noticia que escollemos para traballar foi unha que saíu no xornal do domingo e que nos trouxo Rita.
Falaba dos Defuntiños de A Illa de Arousa, unha tradición na que cada 2 de novembro os pequenos das casas percorren as rúas petando nas portas para pedir lambonadas. Rita conseguiu moitas larpeiradas e como sabe que soamente se poden comer pouquiñas, trouxo para compartir con todos os nenos da clase.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario