Aproveitando
que as carpas que nos trouxo a mestra Ana espertaron o noso interese, decidimos
empregalas para a suma. Descubrimos que con elas é moi doado. Primeiro imaxinamos
que dous pratiños da cociniña eran estanques, introducimos varios peixes en
cada un, puxemos o símbolo de sumar no medio e contamos.
Agora xa non
necesitamos pratiños, os estanques son as nosas mans, os dedos que levantamos en
cada unha as carpas, para sumar xútanmos as mans e contamos co nariz. Se queredes,clicando
na imaxe inferior, podedes practicar sumas faciliñas, e se vos resultan
demasiado doadas, cambiades o nivel de dificultade á dereita da pantalla.
E
para todos aqueles que desexen coñecer as nosas carpas, pódense achegar ao
estanque do xardín da escola, esta mañá, xunto cos nenos de Ribadumia, botámolas dentro. Esperamos que se aclimaten
ben ao seu novo hábitat pero sobre todo que nos axudedes a evitar que as
molesten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario