Despois
de tantos días de choiva, vento, temporal e incluso “cicloxénise explosiva”,
hoxe, por fin, puidemos gozar dun recreo no patio. Primeiro tivemos que arranxar
os buratos que deixaran as pozas da auga e secar os tobogáns, pero despois
brincamos felices. Fixo tan bo tempo que ata foron necesarias as viseiras. Unha
mágoa que as previsións para mañá volvan a dar choiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario