Esta
semana, mentres líamos o conto “O
lobo e os sete cabritiños” da maleta
dos irmáns Grimm, vimos nunha ilustración na que as sete cabuxas xogaban á
pita cega. Moitos dos nenos non sabían de que se trataba e onte decidimos
aprender. Iso de recoñecer a un amiguiño
empregando soamente o sentido do tacto é complicado e ninguén acertou. Nos vindeiros
días seguiremos xogando para pouco a pouco ir descubrindo que son moitos os datos
que podemos obter coas nosas mans: se leva o pelo longo ou curto, se ten pinzas
ou un lazo, se os botóns do seu mandilón son grandes ou pequenos, se ten
pendentes ou colar… Se esta fin de semana tamén queredes probar a xogar en
familia, no seguinte enlace http://www.youtube.com/watch?v=bnRJ_f-2n7A
tedes un vídeo coa canción e as normas, non é exactamente como o facemos na
aula pero é divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario