Despois
de andar toda a semana a voltas co laranxal de Xosé Mª Álvarez Blázquez, non
podíamos deixar pasar a oportunidade de facer zume de laranxa e preparar unha
rica macedonia. Somos moitos en clase e soamente temos un espremedor. Pero
mentres que mondabamos o plátano e cortabamos a froita en anacos, por pequenos grupos íamos espremendo as
laranxas. Hai que calcar con forza para que o utensilio funcione, pero se
empregamos as dúas mans é doado. Unha vez feito o zume e partida a froita,
soamente quedaba mesturar todo e… ¡a merendar!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario