Este
ano, Alemaña celebrará o seu denominado “Ano Grimm“
para conmemorar o bicentenario da primeira edición dos contos destes
irmáns. Na nosa escola tamén queremos unirnos a esta conmemoración con diversas propostas.
Comezamos a semana pasada cociñando unha torta de aniversario. Continuamos cunha maleta cargada cos seus libros
para a hora de ler. Son tantos que o encargado de escoller cada día non sabe
por cal decatarse. Tamén contén películas baseadas nas súas historias que,
pouco a pouco, iremos vendo nos moitos recreos chuviosos que estamos tendo este
mes. ¡Benvidos ao ano Grimm!
No hay comentarios:
Publicar un comentario