Co
novo ano cambiamos de mes e de poeta. Cando fixemos o noso calendario escolar
da poesía, traballamos o seu poema “o arco da vella” que tanto nos gusta
recitar os días de choiva para intentar “facer fuxir” ao mal tempo. Esta semana
comezamos coas cantigas
de berce que escribiu para a súa filla pequena
María Luísa, á que familiarmente se refería como "Colorín" por ser
"coloradota como unha mazá". En clase, aínda que xa somos maiores,
gústanos moito que nos canten nanas e aprendelas para arrolar as nosas bonecas.
Probade a facelo na casa cos meniños no colo, veredes o ben que o pasades. Se vos
apetece, aproveitar unha desas ocasións para quitar unha foto para lembrar
eses momentos inesquecibles… cando medren vos encantará telas, e se queredes compartila con nós xa sabedes escoladeleiro@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario