Esta foi a palabra
que elixiu Mencía para o noso dicionario de palabras relacionadas con Exipto. Antes
de dar vacacións, ensinaranos toda a información que buscara ao respecto coa
axuda da súa familia na casa. Comprobamos que no Antigo Exipto os
escribas empregaban eses debuxos aos que chamamos xeroglíficos, e deixamos
toda a información no noso recuncho. En informática, co mestre
Rafa, estivemos compoñendo e escribindo o noso nome empregando eses signos. Se queredes
probar a facer os dos vosos amigos, podedes intentalo nos seguintes enlaces http://www.egipto.com/museo/alphabet/name.html
http://www.desarrollosdg.com.ar/educativos/comunicacion/traductor.php.
O martes lembramos como se escribía esta palabra e, como nos gusta ver
o noso nome en xeroglífico, fixémolo tamén en formato papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario