E
o mellor xeito de facelo é xogando co agasallo que nos trouxo para compartir na
aula o Apalpador. Antes de marchar de vacacións escribirámoslle as cartas coas nosas
peticións: unha casiña, unha boneca, un coche de carreiras, un quebracabezas …
Os xoguetes tiñan que ser de madeira que é o material co que el traballa, pero
as opcións son múltiples. Hoxe sorprendeunos cun dominó. Os máis pequenos non tiñan
moi claro as normas a seguir, pero tras un par de partidas logo aprenderon. Para
todos aqueles que aínda non coñezan ben a historia dese peculiar personaxe,
poden ver o seguinte vídeo-conto
realizado polo CEIP Coirón Dena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario