Desmontamos
o recuncho
de froitos do outono e xa lle fixemos sitio á nosa pequena maqueta
do río Nilo. As abelás, as noces e as améndoas gardámola para facer unha torta de
froitos secos con nata á volta das vacacións de Nadal. As espigas de millo atopámolas
cheas de bichiños e bolboretas, e decidimos reservalas para investigar sobre
eles en canto podamos. A fariña de millo pasou a converterse na area do deserto,
un anaco de papel de seda sería o río, a herbiña do xardín o delta do Nilo e a
terra fértil, colocamos as
pirámides que construímos a semana pasada e xa está
lista. Pero non queremos despedirnos dos froitos do outono sen ensinarvos as
fotos dun que nos trouxo Martiño e que degustamos fai un par de semanas. As súas
sementes parecen “gominolas”… ¿sabedes xa de que froito falamos?... ¿Cal era o
seu nome?...
CREO QUE SE TRATA DA GRANADA. POR CERTO, É UNHA FROITA MOI RICA
ResponderEliminarCreo que se trata da granada. Ummmm,riquísima esta froita.
ResponderEliminar¡Bravo!... Estades feitos uns especialistas no tema das froitas.
Eliminar