jueves, 13 de diciembre de 2012

O PAPIRO

Cando Mencía levou o dicionario de Exipto que estamos elaborando entre todos, elixiu a palabra papiro. Nos días seguintes puxémonos a investigar sobre el. Nun libro, descubrimos que se trata dunha planta á que os exipcios daban moitas utilidades e co proxector de opacos da biblioteca puidemos ver todos as ilustracións do texto no encerado. A mestra contounos que antes a tíñamos no noso xardín, xunto ao estanque, e saímos a buscala. Agora non está, debeu de secar, pero a mestra Ana foi ao viveiro que hai preto da nosa escola e tróuxonos unha para observala e despois plantala. A verdade é que o que máis nos gustou foron as cóxegas que facían as follas cando nos achegabamos á planta para observala. Neste enlace vimos como un guía local mostra como se elaboraba o papiro, e mestra Marta deixounos un para poder comprobar como estaba formado por moitas láminas. Graciñas “profes” Ana e Marta por axudarnos a coñecer mellor o papiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario