domingo, 16 de diciembre de 2012

ANIVERSARIO DE RUBÉN, BRAIS E AARON

Choiva, moita choiva, vento, alerta por temporal… pero nós fomos igual á escola e quentiños celebramos os aniversarios de decembro. Tivemos que festexalo na primeira quincena porque o vindeiro venres realizaremos a festa de Nadal e xa damos vacacións. Neste mes Rubén cumpriu cinco anos, Brais catro e Aaron tres. Ultimamente sempre facemos dúas tortas, unha os pequenos e outra os maiores. Deste xeito en pouquiño tempo temos doce dabondo para todos, aínda que case nunca sobra. Pero para apagar as candeas gústanos estar todos xuntos na mesma mesa. Desta volta as candeas fixéronnos  rabiar e non se daban apagado, pero sopramos todos con forza e problema resolto.
 
 
 
Repartimos os pratos e a comer cada un na súa cadeira ben sentadiño. Despois ven o máis complicado, recoller, limpar, gardar a louza nas bolsiñas … pero os maiores sempre están dispostos a axudar e entre todos solucionamos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario