martes, 13 de noviembre de 2012

IOGUR CON ABELÁS

Neste outono gastronómico, pouco a pouco imos degustando case todos os froitos do noso recuncho. Xa probaramos as castañas no Magosto, as uvas que trouxeran Carlos e Rubén, as noces mesturadas con nata na torta de aniversario de María, os flocos de millo, o marabilloso doce de marmelo que nos preparara a mamá de Pablo, con queixo estaba delicioso … Faltaban as abelás e, o venres, no obradoiro de cociña, merendámolas con iogur. Primeiro Paula contounos que o seu avó ensinoulle a xogar con elas como se fosen “canicas” e, tras mostrarnos como, non puidemos resistir a tentación de probar todos. Despois traballamos a receita por se nos animamos a facela na casa. O máis complicado foi escachar as abelás e partilas en anacos pequenos, estaban moi pero que moi duras, pero xa sabedes que con paciencia e agarimos todo se consigue.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario