O ano avanza e o noso calendario poético
tamén. Dende primeiro de mes andamos a traballar diversos poemas de Gloria Fuertes. O curso
anterior, “La mosca y el mosquito” nos fixeron rir e, a semana pasada, “La
eriza y el erizo” aumentaron o noso gusto pola poesía. Pero como tamén nos
encanta iso de dar bicos, aproveitamos o poema para practicar e dalos “de
ourizo”… con moito coidadiño… case sen tocarnos… para non pincharnos coas púas. E xa postos a andar a voltas cos ourizos, aprendemos a debuxalos de xeito
sinxelo, seguindo os pasos que aparecen nas páxinas do libro “Como
dibujar animales” que temos na biblioteca. Todo isto sen esquecer que imos avanzando no coñecemento do noso sistema de escritura, especilamente os maiores que xa van controlando o trazado das grafías das letras minúsculas ligadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario