domingo, 11 de noviembre de 2012

FLOCOS DE MILLO

Todos atentos, á expectativa, esperando que se producira o acontecemento. O sorriso comezaba a debuxarse nos nosos rostros porque os grans empezaban a saír disparados da máquina convertidos en flocos de millo. 
Ao andar a voltas coas espigas e as súas diferentes variedades, non podíamos deixar pasar a oportunidade de tostar os grans e degustalos.
O venres o mestre Rafa emprestounos a súa máquina de facer flocos de millo, collemos os grans do noso recuncho de froitos do outono e invitamos a todos a unha improvisada merenda no recreo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario