Dende
que viramos os xoguetes que construía o Apalpador, queríamos saber como se
facían as cousas de madeira. O papá de Martiño é ebanista e onte veu a mostrarnos
como traballa e logra converter un anaco de madeira nunha peza de arte. Ensinounos
moitas ferramentas que lle axudan a desenvolver o seu labor, pero tamén os
obxectos que usa para protexerse. O que máis nos impresionaron foron os cascos
para os oídos, por moito ruído que fixeramos, quen os tiña posto, non escoitaba case nada. Abraiados
observamos como facía labras enormes con cepillo, coas que improvisamos lazos
para o pelo. Vimos como gravaba letras na madeira e deixounos moito material
para seguir traballando nos vindeiros días. Graciñas papá por axudarnos a
coñecer o oficio de ebanista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario