jueves, 24 de mayo de 2012

O APICULTOR

Despois da visita a Apípolis toca repasar e afianzar o aprendido. O luns, na biblioteca, limos o libro ¿Cómo se hace la miel? e lembramos como se chamaba e escribía o oficio das persoas que coidan das abellas. A mestra tróuxonos algúns dos obxectos que viramos na excursión pero que non manipularamos. Comprobamos o suave que é o cepillo para non mancar ás abellas, fai cóxegas e non puidemos evitar rir. 
O afumador cheira forte pero nos gustou descubrir como era por dentro e sentir como botaba aire.
Se queredes ver máis fotos da excursión a Apípolis, podedes visitar os blogues dos pequenos e maiores de Ribadumia, Sisán e Lois, soamente tedes que clicar nas palabras para acceder directamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario