Montar
os personaxes, deseñar o escenario, decidir quen movía cada boneco, coordinar os
movementos detrás do escenario, lembrar o que tiñan que dicir, ensaiar unha e
outra vez, ter coidadiño cos cables dos altofalantes … todo isto e moito máis, fixeron nas últimas
semanas Martiño e súa irmá Lía coa axuda da súa mamá. Querían sorprendernos cunha
divertida actuación de monicreques do conto “Chibos chibóns”. E conseguírono, como
podedes ver nas imaxes, embobados gozamos coa representación destes pequenos
pero grandes actores. Graciñas.
que bonito quedóu a representación dos chivos, menudo traballo a posta en escena, pero valéu a pena. Noraboa.Un saludo Marina
ResponderEliminarGraciñas Marina, a verdade é que levaron moito traballiño pero lles quedou moi ben. A ver se se animan a facernos outra representación.
ResponderEliminar