domingo, 1 de abril de 2012

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

O carballo da nosa escola xa volve a estar cuberto de follas. Nestes inesperados días calorosos de primavera, queríamos poñer punto e final ao segundo trimestre cunha sesión de xogos de roda no frescor da súa sombra. Brincando e xogando despedímonos ata o martes 10 de abril.
Por outra banda, lembrade que xa está colgada no blogue do centro a guía de lecturas coas recomendacións para estas vacacións. Nesta ocasión, dende a biblioteca, propoñémosvos acompañar a tradicional rosca destas festas con poesía… xa nos contaredes que tal sabe con tan suculento aderezo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario