Lembrámosvos que mañá visitaremos o belén dun veciño de Ribadumia que xenerosamente brindouse a ensinarnos a súa creación. Nas primeiras horas teremos clase como calquera outro día e, a partir das 11:30, iremos ata a súa casa nun autobús facilitado polo Concello. Se queredes facervos unha idea do que imos ver, picade na imaxe e accederedes ás fotos do ano pasado.
Unha delas saíu publicada o domingo no Faro de Vigo, nunha noticia na que fala do traballo que realizamos na biblioteca do noso colexio e do premio que recibimos. Está colgada no blogue da “Aula de Pequenos de Ribadumia” onde a profe tamén ten unha entrada moi interesante sobre o programa “Prensa-escuela”, que vos recomendamos ler, se queredes acceder a ela directamente podedes picar aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario