O Ogro, O Lobo, O Zampón, A bruxa, A cabra,
Os cazadores, “El capitán Garfio”… cada día aumenta o número de malos e malas
que imos coñecendo. Xa limos todos os contos que tíñamos na nosa bolsa de
lectura e volvemos a enchela con máis que collemos da biblioteca escolar. Ademais
de ler as historias, estamos vendo as películas, escoitando cancións, traballamos cos nomes dos personaxes e, a partir deste venres, serán os protagonistas do noso
obradoiro de cociña. A continuación vos deixamos un conto musicado
de tres malos e unha avoíña que nos encanta.
jueves, 13 de octubre de 2016
martes, 11 de octubre de 2016
A VOLTAS COAS ABELÁS
Como
podedes comprobar as protagonistas da semana pasada foron as abelás. Ademais de
ver a árbore que a produce, cociñalas e xogar con elas, empregámolas para
contar e sumar.
viernes, 7 de octubre de 2016
jueves, 6 de octubre de 2016
XOGANDO COAS ABELÁS
Como xa vos contamos en entradas anteriores, coa
mestra Ana estivemos recollendo a colleita de abelás da horta da escola. Mañá
imos facer unha rica receita con elas pero antes de comelas estamos a
empregalas para xogar a “Rabo de boi”. O enredo é moi sinxelo, trátase de agochar nunha das mans o froito
seco mentres se di o recitado. Ao rematar hai que adiviñar en que man está. Probade
na casa veredes como lle gusta aos meniños.
miércoles, 5 de octubre de 2016
ZAPATOCAS E O CAMIÑO DE SANTIAGO
Así que xa sabedes, se na casa tedes materiais relacionado con “O Camiño de Santiago” podedes traelos á escola para crear un novo recuncho e aprender todos xuntos.
martes, 4 de octubre de 2016
¡NÓS TAMÉN VOTAMOS!
![]() |
| TOROS |
![]() |
| PRINCESAS |
lunes, 3 de octubre de 2016
A BANDA MUNICIPAL DE RIBADUMIA
O venres tivemos unha
visita moi especial: A Banda Municipal de Ribadumia. Viñeron a ensinarnos os
seus instrumentos e a deleitarnos coas súas cancións. Bailamos, cantamos, rimos
e sobre todo divertímonos ao son da música. Graciñas aos seus compoñentes por este
bonito agasallo. Se queredes saber máis sobre eles podedes visitar a súa web
pinchando aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















