Como xa vos contamos en entradas anteriores, coa
mestra Ana estivemos recollendo a colleita de abelás da horta da escola. Mañá
imos facer unha rica receita con elas pero antes de comelas estamos a
empregalas para xogar a “Rabo de boi”. O enredo é moi sinxelo, trátase de agochar nunha das mans o froito
seco mentres se di o recitado. Ao rematar hai que adiviñar en que man está. Probade
na casa veredes como lle gusta aos meniños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario