O Ogro, O Lobo, O Zampón, A bruxa, A cabra,
Os cazadores, “El capitán Garfio”… cada día aumenta o número de malos e malas
que imos coñecendo. Xa limos todos os contos que tíñamos na nosa bolsa de
lectura e volvemos a enchela con máis que collemos da biblioteca escolar. Ademais
de ler as historias, estamos vendo as películas, escoitando cancións, traballamos cos nomes dos personaxes e, a partir deste venres, serán os protagonistas do noso
obradoiro de cociña. A continuación vos deixamos un conto musicado
de tres malos e unha avoíña que nos encanta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario