Este é o tema do caderno viaxeiro que xa comezou a
visitar os fogares dos cativos da nosa aula. Como sabedes este ano o Salón do
Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está dedicado ás máquinas.
Na nosa escola, tamén imos traballar ao redor deste tema con diferentes
propostas. “Maquinas para viaxar” é unha delas. Cada neno, coa axuda da súa
familia, escollerá unha máquina na que lle gustaría viaxar, cunha única
condición: non se poden repetir as que xa estean escollidas. Posteriormente en
clase traballaremos ao redor do medio de transporte elixido. Se o desexan,
tamén poden traer información ao respecto para contar aos compañeiros o que descubriron. Por agora sabemos que...
No hay comentarios:
Publicar un comentario