Xa
que andamos a voltas coas “máquinas para viaxar”, non podíamos deixar de
argallar algo relacionado co tema no noso obradoiro de cociña. No libro “Cocinar es divertido”
atopamos o que andabamos buscando: un tren.
Cambiamos algúns dos ingredientes para adaptalos ás nosas necesidades. Substituímos a maionesa por queixo de untar e as salchichas por pauciños de pan. O martes, redactamos a nota para lembrarnos do que tiñamos que traer e, o venres, antes de escribir a receita, ensaiamos para aprender a facer a serie: pan, queixo, pan, xamón e pan. Ao principio enredámonos un pouquiño pero pronto os vagóns tomaron forma. Pegamos con queixo as rodas, colocamos a cheminea e ¡a comer!...
Para os que se animen a cociñar trens, barcos, coches… nas imaxes tedes un par de propostas para esta chuviosa tarde de domingo sacadas de “Mi primer libro de cocina”. Xa sabedes, se nos enviades as foto-receitas coas vosas creacións, publicarémolas para aprender todos a facelas.

Que bonito quedou ainda que algunha nai non leu ben a nota e non mandou as tres rebanadas de pan, foi un fallo, gracias por darlle o que faltaba a Rubén.
ResponderEliminarGraciñas polo teu comentario. Respecto ao pan, non ten ningunha importancia, para iso tamén sirve a escola, para aprender a compartir. Cando cociñamos as rosquillas á mestra tamén lle esqueceron os ovos e a mamá de Anxo moi amablemente foi ata súa casa e tróuxonolos . Como ves todos temos despistes.
ResponderEliminar