Cando baleiraramos as cabazas para a festa do
Samaín, separaramos as pebidas e deixarámolas secar para plantalas cando fora o
seu momento. Aínda que colleron un aspecto un pouco raro debido ao papel de
periódico no que estiveron pousadas, xa puidemos manipulalas sen mancharnos e
gardalas.
A semana pasada cada neno levou 10 para casa coa idea de que a
sementen e ter para o vindeiro ano moitos calacús. Primeiro tivemos que facer
sobres con folios reciclados, retirar as que non servían e contar. Hoxe o
fixeron os que estiveron enfermiños. As que sobraron servíronlle aos maiores para
iniciarse na suma de pequenas cantidades cando non nos chegan os dedos.
Mentres, os máis pequenos, estiveron loitando
coa grafía do número tres. ¡Que difícil é facela aos tres anos!. Ensaiamos
moito no encerado e, aínda que case
sempre saen con máis pinta de serpe que de número, cando o conseguen quedan
felices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario