Despois
de varias semanas de espera, fai uns días que as
sementes das cabazas que baleiramos para o Samaín por fin secaron e
puidemos seguir traballando con elas. O primeiro que fixemos foi preparar uns
sobres para poder levalas para casa. Era moi importante que lle puxeramos o
nome e o que contiñan para evitar equivocacións. Os maiores en letra ligada, os
medianos en maiúscula e, os máis pequenos, con letras móbiles porque ata fai pouco
aínda tiñamos moitas dificultades para controlar o trazo. Outro día dedicámolo
a contar. Cada un de nós debía levar dez e para iso hai que saber a “cantinela”
sen confundirse: 1, 2, 3, 4, 5, 6 ... O paso seguinte era ter claro cando e
como sementar. Buscamos información na
biblioteca. No libro “De
la maceta a la cazuela” atopamos o que necesitabamos. Coa axuda da mestra
limos o proceso, seguimos a orde dos números e fixemos fotocopias para todos. Hoxe
por fin rematamos todo o traballo e levamos para casa as sementes, a maceta e a
información necesaria para unha correcta plantación. Xa nos contaredes en
primavera que tal medran. Esperamos que para o vindeiro Samaín tiñamos todos
uns calacús tan grandes como os da avoíña de María, dende aquí mandámoslle un biquiño
moi especial por compartir connosco as súas cabazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario