jueves, 20 de junio de 2019

O GALO KIRIKO


Onte e hoxe tivemos un compañeiro de clase moi especial. Tratase dun galo que nos trouxo a mestra Marina. Xa non pode seguir no seu galiñeiro porque anda a pelexar cos outros galos e buscámoslle un novo fogar. Vimos como era e sobre todo escoitamos como cantaba cando estabamos caladiños. Como non tiña nome, cada neno realizou unha proposta e despois votamos. Saíu elixido o nome de Kiriko e agora xa está no seu novo curral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario