lunes, 10 de junio de 2019

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO


Hoxe visitamos o Parque Arqueológico da Arte Rupestre Campo Lameiro. No transcurso da mañá realizamos varios obradoiros. No primeiro chamado “Pintura coas mans” coñecemos os pigmentos e útiles básicos para a creación das pinturas na Prehistoria. No segundo, titulado “Sementes do pasado”, realizamos o proceso de produción de fariña cun muíño de man e despois plantamos. Tras repoñer forzas, coa merenda paseamos pola Área Arqueolóxica e Poboado da Idade de Bronce. E rematamos a xornada cunha exhibición de como facían o lume.


No hay comentarios:

Publicar un comentario