Este curso a nosa sesión semanal dedicada aos
xogos tradicionais realizámola os mércores. Os nosos primeiros enredos do ano
académico tiveron como protagonistas as abelás con “Rabo de boi” e “Guante, guante”. Agora andamos a voltas cos malos. Baseámonos na
canción de Rosa León “Jugando al escondite” e substituímos o lobo polo personaxe malvado favorito de cada neno. Graciñas
a xardineira do concello temos a herba moi cortadiña e da gusto xogar fóra
nestes cálidos e solleiros días de outono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario