Para facilitar o coñecemento e consumo dos produtos do
mar, o curso pasado desenvolvemos no noso centro o programa: “O sabor da aventura está no mar”. Nesta campaña están incluídas a realización de
excusións para que os alumnos poidan coñecer o traballo dos profesionais do mar
a través dos diferentes recursos patrimoniais existentes nas localidades
litorais, no noso caso: O Grove, onde fomos o luns.
Comezamos a nosa saída percorrendo
Porto de Meloxo, vimos os barcos bateeiros e o labor que realizan, as nasas, as redes
e ata un polbo vivo que acababa de ser capturado. Despois fomos ao Centro de Interpretación da Pesca e da Salga,
un curioso e bonito museo que sen lugar a dúbidas recomendamos visitar detidamente en familia. Cunha
mañá tan intensa entrounos a fame pero xa os nosos amigos “Os Arroaces”
tiñan preparada unha rica merendola mariñeira. Coas forzas recuperadas puxemos
rumbo ao Acuario de O Grove e rematamos a xornada observando e coñecendo curiosidades
de peixes, moluscos, crustáceos …
No hay comentarios:
Publicar un comentario