Este curso estamos
desenvolvendo na escola o Plan Proxecta: mobilidade segura e sostible. O seu obxectivo é favorecer a
educación viaria e son varias as actividades que andamos a realizar. Unha delas
é a lectura de contiños que teñen este tema como eixo central. Esta semana o protagonista
foi o semáforo aproveitando o material que tíñamos na clase de campañas
anteriores da DXT. Se na casa tamén queredes coñecer a Foro, Lino e Desi facede
clic aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario