Para que os alumnos coñezan o que será o seu
futuro colexio e se familiaricen co transporte escolar, cada ano organizamos
unha convivencia con todos os nenos de 6º de infantil no CPI Julia Becerra Malvar.
Cando chegamos, as mestras dese centro
tíñannos preparadas unha chea de actividades para que os meniños coñeceran os que serán os seus
compañeiros e profesores o vindeiro curso. Xogos de presentación, visita á
biblioteca escolar e outras instalacións da escola, contacontos, unha merenda
compartida, clase de música, inglés, educación física … Ademais da emoción de
ir no autobús escolar e ver aos amigos do ano pasado, no transcurso da mañá
tivemos de todo, ¡ata unha medalla para levar para casa como agasallo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario