O día 13 celebraremos a nosa tradicional
festa de Carnaval. Este ano terá como tema central Australia. Na nosa aula imos
ir disfrazados de Koalas e nas vindeiras semana iremos investigando e
aprendendo cousiñas deste simpático marsupial. Estamos confeccionando entre
todos o noso disfrace pero necesitamos que cada neno traia unha diadema para
facer as orellas. Sérvenos calquera que teñades na casa con tal de que sexa
ríxida, se é de cor escura mellor. Graciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario