O EQUIDNA AUSTRALIANO
Esta semana aproveitamos
o noso obradoiro de cociña para coñecer un mamífero australiano moi peculiar: o equidna. A femia pon
un ovo e colócao nunha fenda especial do seu ventre onde queda cuberto dunha
sustancia pegañenta. Tras a eclosión, a
cría permanecerá no marsupio lambendo o leite que mana dos poros da pel da
bolsa. Tras observar tan curioso animal en varios libros e ver este vídeo,
fixemos a nosa versión culinaria con pauciños e pebidas de chocolate,
cacahuetes e unha madalena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario