A choiva e a humidade non quixeron perderse a
nosa festa de Carnaval e acompañáronnos durante toda a xornada. Pero nós divertímonos
igual contando contos, facendo máscaras, xogando e bailando. Australia foi o
tema central do Entroido deste ano, e canguros, koalas, emús, cacatúas e aborixes
desfilamos polo Local Social de Lois. Cando chegou o momento da merenda,
orellas, filloas, rosquillas, biscoitos e outros doces ricos que as familias
prepararan con moito agarimo, fixeron as delicias de grandes e pequenos. Unha vez
máis graciñas a todas pola súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario