Coa axuda das familias os xornais volveron a
formar parte da rutina da nosa aula. Sempre que os temos gústanos ollalos,
comentar as novas, intentar adiviñar o número da páxina no que sae a noticia, vendo os anuncios de viaxes imaxinámonos navegando rumbo a outros países …
Cando
rematamos de velos, deixámolos na biblioteca de clase por se alguén desexa
volver a miralos tranquilamente noutro momento. Como agora temos moitos, decidimos
organizalos nun andel e poñerlle unha etiqueta co nome de hemeroteca. Ao
principio custábanos pronunciar a palabra, agora xa nos sae a case todos e sabemos
que para consultar os xornais temos que acudir a nosa particular hemeroteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario