jueves, 8 de enero de 2015

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE…


Despois das vacacións de Nadal son moitas as novidades que traemos para contar aos amigos: os regalos de Papá Noel, as reunións coa familia, pequenos incidentes… Case todos volven con ilusión menos quen esqueceu o ben que se pasa na escola. Para eles temos unha chea de bicos, apertas e cóxegas que fan milagres e axudan a lembralo con facilidade.
Pero hoxe, sen lugar a dubidas, os protagonistas foron os agasallos que o Apalpador nos deixou na clase. Este ano trouxo un par de xogos de mesa que nos encantaron. O mellor xeito de empezar un novo trimestre é probándoos. Primeiro o de equilibrio: tirar o dado, coller a cor mandada e intentar colocar as pezas sen que caian … aínda que tan divertido nos resulta conseguilo como tirar con todo. Despois co de pesca: coller a caña, enganchar o peixe e ver os tantos acadados… o que máis puntos consiga gaña. Mañá seguiremos xogando, agora que xa sabemos o mecanismo non precisamos da axuda da mestra.


4 comentarios:

  1. Que ben se portaron os nenos de Leiro que troxeron dous xogos ben divertidos.

    ResponderEliminar
  2. Pórtanse de marabilla … tan ben que o Apalpador ademais dos xogos de mesa deixounos outro agasallo máis … ¿quen lembra que era?...

    ResponderEliminar
  3. RITA: MUEBLES PARA EL SALON DE LA CASITA DE MADERA.

    ResponderEliminar